Revisión Normativa Galego (RAG, 2003).Cambios principais.pdf

(49 KB) Pobierz
Microsoft Word - AS NORMAS DA RAG DO 2003.doc
AS NORMAS DA RAG DO 2003
A edición revisada das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego , aprobada
pola Real Academia Galega no ano 2003, introduciu unha serie de cambios con respecto
á anterior edición de 1995. Os principais cambios do texto son os seguintes:
1. OS NOMES DAS LETRAS
O nome da letra q , anteriormente cu , pasa a ser que .
O dígrafo ch , anteriormente denominado che, pasa a chamarse ce hache .
O dígrafo ll , anteriormente chamado elle , pasa a chamarse ele dobre .
O dígrafo qu , anteriormente denominado cu u , pasa a denominarse que u .
2. O ACENTO
Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas
a aqueles casos en que é necesario para evitar anfiboloxías:
dille qué queres / dille que queres
xa sabes qué hai? / xa sabes que hai?
xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou
3. A INTERROGACIÓN E A ADMIRACIÓN
O emprego dos signos de interrogación e admiración é obrigatorio ao final do
enunciado, e só se recomenda ao seu inicio para evitar ambigüidades e facer
máis doada a lectura.
4. O APÓSTROFO
Introduciuse unha nova epígrafe dedicada ao apóstrofo, permitindo a súa
utilización para a reprodución da prosodia oral, ou para respectar títulos de obras
ou cabeceiras de publicacións.
5. ARTIGO DETERMINADO
É obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (alomorfos lo, la, los, las ) só
despois da preposición por ( polo camiño ) e do adverbio u ( u-los meus zapatos? ).
Nos demais casos o uso da segunda forma do artigo é facultativo. Non é
obrigatorio, polo tanto, representar na escrita os alomorfos –lo, –la, –los, –las
tras os verbos rematados en –r ou –s , nin tras algunhas outras palabras rematadas
en –s (pronomes átonos nos, vos, lles , pronomes tónicos nós e vós , preposición
tras , indefinidos ambos e todos e a conxunción copulativa e mais ).
facer o traballo, levas os libros, todos os nenos
( face-lo traballo, léva-los libros, tódolos nenos )
No texto das Normas a segunda forma do artigo só se emprega nos casos en que
é obrigado.
1
53956547.005.png 53956547.006.png
Insístese en que, mesmo que non se represente graficamente, a única
pronunciación recomendable é a que reproduce os alomorfos –lo, –las, –los, –las
nos contextos sinalados.
6. CONTRACCIÓNS
A contracción da preposición a co artigo o pódese representar graficamente
como ao ou ó ( ao ou ós para o plural), aínda que a súa pronuncia debe ser
sempre ó . O texto nas Normas escríbese con ao .
vou ao mitin, os nenos foron aos niños
( vou ó mitin, os nenos foron ós niños )
A contracción da preposición comparativa ca co artigo determinado pode
representarse na escrita ou non. Admítese a dobre representación destas formas:
ca o / có, ca a /cá, ca os / cós, ca as / cás.
7. OS GRUPOS CULTOS
Os grupos cultos –ct– e –cc– redúcense a –t– e –c– respectivamente cando van
tras as vogais i e u .
aflición, contradición, dicionario, indución, introdución, produción,
restrición, xurisdición, condución, construción, dedución, destrución,
indución, redución, reprodución, tradución, delito, distrito, ditado,
estrito, vítima, conduta, construtor, estrutura, flutuar, introdutorio,
produto, reduto, tradutor
Mantéñense como excepción nalgúns tecnicismos e palabras cultas de escasa
frecuencia ou para evitar homonimias:
adicción (‘inclinación a unha cousa’), convicción, dicción, evicción,
ficción, fricción, friccionar, indicción, micción; succión, succionar;
adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicto, deíctico,
dicterio, edicto, ficticio, flictena, ictio– (ictericia, ictérico, ictiografía,
ictioloxía, ictiomancia…), invicto, lictor, nictalope, nictalopía, picto–
(pictografía, pictograma, pictórico…), ricto, veredicto, vindicta; dúctil,
ductilidade, ducto, eructo, eructar, suctorio
A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor ( reitorado, reitoral,
reitoría ) e seita (pero sectario, sectarismo ).
Introdúcese unha observación sobre a pronuncia dos grupos cultos, que
prescribe o timbre aberto das vogais e, o que van precedendo un destes grupos,
e condénanse as realizacións interdentais e velares do tipo [‘a ȶ to], [a Ɂ ’n ʔ stiko].
8. SUFIXOS E TERMINACIÓNS
1. Sufixos – ería e – aría .
Dáselle preferencia ó sufixo tradicional – aría , aínda que se admite tamén a
solución – ería :
libraría, armaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría,
cervexaría, cestaría, chancelaría, enfermaría, enxeñaría, ferraría,
2
53956547.007.png 53956547.008.png
gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría,
panadaría, papelaría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría,
reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría
Son excepción as seguintes palabras, algunhas delas galicismos, que presentan
unicamente a terminación – ería :
batería, bixutería, coquetería, disentería, galantería, galería, isomería,
mercería, metamería, pedantería, polimería, tautomería
2. Sufixos – zo, –za / –cio, –za.
Amplíase a relación de voces coa solución patrimonial –zo e –za:
diferenza ( indiferenza ) , espazo ( espazar, espazoso ) , estanza (‘estrofa’),
graza ( desgraza ) , licenza, nacenza ( renacenza ) , novizo, perseveranza,
presenza, querenza ( benquerenza, malquerenza ) , sentenza, servizo
( servizal ) , terzo ( terza, terzá, terzar )
Grazas é a forma correcta tanto da interxección coma do substantivo en calquera
das súas acepcións.
Mantense Galicia como “voz lexítima galega, denominación oficial do país e
forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna”. Galiza considérase
tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época
medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.
3. Terminación – ble.
Considéranse admisibles tanto – ble (pl. – bles ) coma – ble ( pl. –beis ) ( amable ou
amábel ). En consecuencia, tamén xorden novas posibilidades nas palabras
derivadas sobre os adxectivos en –bel e admítense formas duplas do tipo
establecer ou estabelecer . No texto das Normas emprégase – ble .
estable, establecer, establecemento, restablecer, restablecemento,
estábel, estabelecer, estabelecemento, restablecer, restabelecemento
4. Terminacións – dade / –tade.
Incorpórase puberdade ao grupo de palabras rematadas en –dade .
5. Terminacións –án, –á / –ano, –ana.
Pasan ao esquema –án/–á algunhas formas que anteriormente se acomodaban ao
esquema –ano/–ana :
alazán – alazá, barregán – barregá, bosquimán – bosquimá, capitán –
capitá, ermitán – ermitá, escribán – escribá, gardián – gardiá,
musulmán – musulmá, rufián – rufiá, sancristán – sancristá, sultán –
sultá e truán – truá
Considérase un dos sufixos produtivos para formar xentilicios, de xeito que
tamén se acomodan a este esquema afgán – afgá, alemán – alemá, catalán –
catalá, etc.
6. Terminacións – án, –án / –ao, –á.
Admítense as variantes locais – ao / –á e –án / –án nos xentilicios
correspondentes ( burelao / burelá, muradán / muradán… ).
3
9. FORMACIÓN DO FEMININO
1. Simplifícase a formación do feminino das palabras rematas en – án e en –ón :
Todos os masculinos en –án fan o feminino en – á :
aldeán – aldeá, catalán – catalá, chan – chá, cidadán – cidadá, cristián
– cristiá, curmán – curmá, irmán – irmá, nugallán – nugallá
Todos os masculinos en –ón fan o feminino en –oa (neste caso –ón non é
analizable como sufixo):
anfitrión – anfitrioa, anglosaxón – anglosaxoa, baixosaxón –
baixosaxoa, beirón – beiroa, borgoñón – borgoñoa, bretón – bretoa,
campión – campioa, eslavón – eslavoa, frisón – frisoa, gascón – gascoa,
grisón –grisoa, ladrón – ladroa ( tamén ladra), lapón – lapoa (‘saami’),
león – leoa, letón – letoa, mormón – mormoa, nipón – nipoa, patagón –
patagoa, patrón – patroa, saxón – saxoa, teutón – teutoa, valón – valoa,
vascón – vascoa
2. As únicas excepcións son:
Os sufixos deverbais pexorativos:
abusón – abusona, acusón – acusona, bocalán – bocalana, burricán –
burricana, cheirón – cheirona, chorón – chorona, chupón – chupona,
cismón – cismona, comellón – comellona, faltón – faltona, folgazán –
folgazana, lacazán – lacazana
As formacións aumentativas:
homón, mullerona, cabezón – cabezona
10. PRONOMES
Elimínanse os demostrativos neutros esto, eso e aquelo e prescríbense como
únicas formas correctas isto, iso e aquilo.
2. Pronomes relativos.
Admítese o relativo posesivo cuxo , con flexión de xénero e número: cuxo, cuxa,
cuxos, cuxas.
3. Numerais.
Os numerais cardinais entre vinte e trinta deglutínanse, é dicir, pasan a escribirse
separados os seus elementos: vinte e un, vinte e unha, vinte e dous, vinte e tres,
vinte e catro etc.
Elimínanse os numerais multiplicativos triple e cuádruple . As formas correctas
son triplo, tripla e cuádruplo, cuádrupla (en liña con duplo,–a, quíntuplo,–a… ). .
11. VERBO
Pasa a ser incorrecta a acentuación grave na p4 e p5 dos pretéritos de
subxuntivo ( *andasemos, *andasedes ). Prescríbese a acentuación esdrúxula
( andásemos, andásedes… ). No pretérito imperfecto de indicativo, no
4
1. Pronomes demostrativos.
53956547.001.png 53956547.002.png
pluscuamperfecto de indicativo e no condicional séguese prescribindo a
acentuación grave nestas formas verbais ( amabamos, amabades; amaramos,
amarades; amariamos, amariades ).
En relación co uso do antepretérito e do pretérito de subxuntivo, “recoméndase
manter ben discriminados os usos dos dous tempos ( –ra como antepretérito de
indicativo e –se como pretérito de subxuntivo)”.
xa marchara el cando saín eu
dixo que marchase (non marchara )
“Dada a súa lexitimidade histórica e a súa rendibilidade en certos rexistros
lingüísticos, como por exemplo a linguaxe xurídica, cómpre restaurar o uso do
futuro de subxuntivo, sempre dentro dos límites da corrección establecidos pola
gramática”. Así, recoméndase utilizar o futuro de subxuntivo normalmente en
oracións condicionais cando o verbo principal vai en presente ou en futuro.
se fores ao mitin, ven cedo; cando traballares con xeito, aprobarás; se
quixerdes, vémonos mañá…
12. PREPOSICIÓNS, ADVERBIOS E CONXUNCIÓNS
Aglutínanse, é dicir, escríbense nunha soa palabras gráfica, algunhas locucións
que anteriormente se escribían separadas: acotío, amodo, apenas, decontado,
decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, devagar, enseguida e talvez.
Engádense a respecto de , alén de, após, aquén de, até, até que, canto a, no
entanto e porén.
Elimínanse alomenos, anque, entonces, nembargantes e sen embargo.
13. LÉXICO
Introduciuse algunha modificación no léxico:
No texto das Normas o substantivo vocal pasa a vogal en todas as súas
acepcións (designa algunhas letras e sons e mais denomina o membro dunha
corporación, a persoa que ten voz nun consello, tribunal, xunta etc.); a forma
vocal resérvase para o adxectivo ‘relativo á voz’. Na mesma familia léxica
conviven formas con g ( semivogal ) e formas con c ( vocálico, vocalismo,
vocalista, vocalizar, vocalización ) dependendo de se se formaron sobre a base
vogal ou vocal.
No texto das Normas estudio e estudiar pasan a estudo e estudar, e sobre estas
bases fórmanse as demais palabras da mesa familia léxica: estudoso, estudante,
estudado, estudantil, estudadamente.
Engádese liberdade á relación de palabras en – dade.
Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en – eu .
Engádense bacallau e pau á relación de palabras en – au .
Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en – o.
Admítese ouvir como variante de oír .
5
53956547.003.png 53956547.004.png
Zgłoś jeśli naruszono regulamin